O parque Pablo Iglesias ampliará de una a dúas as súas zonas de xogo infantil
A voceira do Goberno Municipal de Ferrol e concelleira para Esteiro e Recimil, Martina Aneiros Barros, mantivo esta tarde unha reunión de traballo cos representantes veciñais de ambos barrios para analizar alternativas ao tanque de tormenta proxectado no parque Pablo Iglesias dentro das obras que completarán o sistema de saneamento do casco urbano do municipio. Na xuntanza tamén estiveron presentes técnicos do Concello de Ferrol e da Sociedad Estatal Aguas de las Cuencuas de España (AcuaEs), responsable do proxecto.
Martina Aneiros informou que a alternativa presentada esta tarde polos técnicos de AcuaEs pasa pola redución das dimensións do tanque previsto no lugar, co obxectivo de minimizar o impacto que podería ter. Ademais, e como mellora á proposta inicial, tamén se contempla a ampliación do parque Pablo Iglesias cunha nova zona recreativa e de xogos infantís que se sumará á xa existente no devandito espazo.











