O pai dos Tonechos aparca o seu Land Rover mañá no auditorio de Vilagarcía

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocalVilagarcía de Arousa
A-
A+

O pai dos Tonechos, ou o que é o mesmo, o showman Roberto Vilar, porá mañá en escena en Vilagarcía o seu espectáculo “A cabeza non para”. Co característico estilo do programa Land Rober que él dirixe e protagoniza na TVG e co típico humor dos seus sketchs, Vilar promete “matar de risa” ao público. A cita é o sábado, 8 de xuño, no Auditorio, a partir das 21:00 horas.

Os moitos fans de Os Tonechos e Land Rober están de noraboa, por primeira vez nos seus vinte anos de carreira profesional, Roberto Vilar acepta o reto de levar aos teatros o seu humor, un humor “fortemente” contrastado en televisión nestas dúas décadas no mundo do espectáculo. Con un novidoso show, percorrerá toda Galicia levando as risas aos teatros deste país.

Un show de cen minutos baseado en sketchs, cos seus personaxes máis coñecidos, non faltará o popular Felipe II de Histerias de hospital. Contará tamén coa colaboración especial do vilagarcián Manolito el Pescador, relanzado a fama co seu personaxe de Fisherman no exitoso Land Rober, e grandes doses de improvisación e interacción co público. Un espectáculo único, onde todo pode pasar, e onde se tentará crear unha maxia e comunicación especial entre os actores, ata cinco en escena, e o público.

“A cabeza non para”, pretende ser un show de gran formato, con cambios continuos de situación, e un ritmo e dinamismo nunca antes visto nun teatro galego. Roberto Vilar celebra estes vinte anos de carreira coa súa xente, co público que tanto lle ten dado, é a súa maneira de agradecer todo o cariño da xente durante este tempo, e faino ao grande, con un espectáculo a altura de ese xeneroso e esixente público. Máis de hora e media de risas nun contexto único e novidoso. Humor, show, comedia, espectáculo, risas, sketchs, emoción…iso é, “A cabeza non para!”

As entradas véndense a un prezo único de 14 euros. Pódense mercar de xeito anticipado a través de http://www.servinova.com e do teléfono 902 504 500 (máis custes de xestión en ámbolos dous casos) e o día da función, na billeteira do Auditorio a partir das 19:00 horas.

7 de xuño de 2013 | 10:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.