O novo edificio consistorial lalinense álzase cun dos premios da XII bienal española de arquitectura e urbanismo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLalínLocalLocal Portada
A-
A+

O concelleiro de Urbanismo e voceiro do grupo de goberno, Román Rodríguez, amosou a súa satisfacción polo recoñecemento que a XII Bienal Española de Arquitectura e Urbanismo 2013 vén de facer ao novo edificio do Concello de Lalín ao que situou entre os “15 mellores proxectos de arquitectura e urbanismo de España dos últimos dous anos”.

O edil destaca este premio, un dos máis destacados dos que se entregan no noso país a proxectos de urbanismo e arquitectura. Concorreron “583 obras das que un experto xurado seleccionou un total de 164. Das 164 obras que pasaron o primeiro corte, os xuíces internacionais decantáronse por reseñar a 27 finalistas dos que elixiron a 15 premiados, un de eses premiados o edificio Concello de Lalín”.

Este premio que outorga o Ministerio de Fomento a través da Dirección General de Arquitectura, Vivienda y Suelo, recaeu en outros catro proxectos galegos como o Museo das Peregrinacións, a recuperación do casco vello de Vigo e o Plan de Reordenación do Litoral, aínda que o consistorio lalinense foi o único no apartado de símbolos cívicos xunto ao edificio de Oficinas da Junta de Castilla y León en Zamora, ao Auditorio y Centro de Congresos de Cartagena e a Escuela Infantil de Pamplona.

O Xurado estivo composto por Javier Martín, Subdirector General de Arquitectura en representación da Directora General de Arquitectura, Vivienda y Suelo del Ministerio de Fomento, Alfonso Toribio, Decano do Colegio de Arquitectos de Asturias e representación do Presidente del CSCAE, Carlos Gómez Agustí, en representación do Presidente da Fundación Caja de Arquitectos Fuensanta Nieto y Enrique Sobejano, Directores da XII BIENAL ESPAÑOLA, Andrés Jaque, Arquitecto, fundador da Oficina de Innovación Política, Sebastià Jornet, Arquitecto, profesor de urbanismo na ETSAB e membro do equipo Jornet-Llop-Pastor gañador do Premio de Urbanismo da XI Bienal, Sol Madridejos, Arquitecta, socia fundadora de Sancho-Madridejos Architecture Office (S-MAO), Profesora de Proxectos da Universidad Europea UEM, Madrid, Rafael Aranda, Arquitecto, socio fundador de RCR Arquitectes, Olot, Matthias Sauerbruch, Arquitecto, socio fundador do estudio Sauerbruch Hutton, Profesor de la Universität der Künste (UdK), Berlín, e Wilfried Wang, Arquitecto y Critico de Arquitectura,

Con esta nova distinción “destácase o bo traballo realizado polos arquitectos Mansiña e Tuñón que fixeron da consistorial lalinense un referente na arquitectura, sendo visitada por amantes e profesionais da arquitectura de todo o mundo, a última procedente de Inglaterra que chegou a terras lalinenses ex profeso para ver o edificio e as súas solucións técnicas e creativas”.

Este premio “coloca a Lalín a altura das cidades importantes no que a arquitectura se refire. De feito, a totalidade dos premios caeron en edificios e proxectos con sede en grandes e medianas cidades”.

Por último, o edil explicou que “os veciños deben sentirse orgullosos pola representatividade que para o pobo está acadando este edificio que está levando o nome de Lalín por España e polo mundo vencellado á modernidade e o bo criterio arquitectónico”.

28 de xuño de 2013 | 18:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.