O Museo do Traxe acolle a mostra de pintura dos alumnos e alumnas dos cursos organizados polo Concello de Ordes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalOrdes
A-
A+
Inauguración da mostra pictórica

Inauguración da mostra pictórica

O Museo do Traxe Juanjo Linares foi o lugar escollido para albergar nestes días unha mostra do máis especial para os veciños e veciñas de Ordes. Trátase da mostra de pintura dos cursos organizados polo Concello, nos que ao longo dos últimos meses participaron arredor dun cento de alumnos e alumnas de todas as idades.

Nesta ocasión as temáticas escollidas para a elaboración dos seus traballos foron do máis variadas. Paisaxes, retratos, bodegóns, flores etc. En total son 100 cadros que se poderán contemplar, de balde, ata o vindeiro mércores, tal e como fixeron onte os propios autores, moitos dos cales acudiron acompañados de familiares e amigos. Entre todos eles  tamén estiveron Manuel Regos, alcalde de Ordes; Silvia Marín, tenente de alcalde, así coma o concelleiro de Medio Ambiente Luís Gómez Candal.

19 de xuño de 2013 | 13:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.