O Mesón de Deus álzase coa copa das ligas Concello de Ordes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesLocalOrdes
A-
A+
Equipo Mesón de Deus

Equipo Mesón de Deus

As ligas deportivas de Ordes chegaron na xornada de onte ao seu fin coa entrega dos trofeos. O Mesón de Deus proclamouse vencedor indiscutible da Copa Concello de Ordes tras unha excelente tempada. Por detrás deles o Alpa, Inter Ordes e Joints ocuparon o segundo, terceiro e cuarto posto, respectivamente.

Os xogadores do equipo de fútbol sala Joints proclamáronse vencedores da liga de fútbol sala, seguidos polos do Montaos e o Inter Ordes. Precisamente deste último equipo saliu tamén o pichichi da liga, Marcos Noya. Pola súa banda o Leira Fútbol Sala obtivo o galardón á deportividade.

 Tamén onte se entregaron os trofeos de tenis. Na primeira división os mellores resultados foron para Mateo e Álex, mentres que na segunda división os galardóns foron a parar a mans de Luis Ángel e Ángel.

8 de xuño de 2013 | 13:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.