O mercado do alimento labrego dos Tilos celebra o seu primeiro aniversario

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalTeo
A-
A+
Mercado de alimentos labregos

Mercado de alimentos labregos

O mercado do alimento labrego dos Tilos comezaba a funcionar o 9 de xuño de 2012 como unha experiencia piloto na que dende o Concello se ofertaba un espazo de venta directa para os produtores de alimento da zona. Doce meses despois celebran o seu primeiro ano de vida sendo xa unha realidade estable cada fin de semana nos Tilos.

Mañá 8 de xuño os vendedores do mercado teñen organizada unha pequena celebración na que haberá música, cantina, degustación de produtos a bo prezo e unha rifa dunha cesta formada por alimentos de cada unha das casetas. Sen dúbida un elemento máis para animar ós compradores a achegarse ó mercado, situado na praza circular dos Tilos.

Aínda que un público fidelizado é un dos maiores logros acadados por este mercado no primeiro ano. Cada semana un grupo estable de quince postos ofertan alimentos de producción local e de tempada. Mañá sen dúbida poderanse mercar as mellores froitas e hortalizas da zona e tamén as máis frescas, xa que veñen da horta ó mercado, sen intermediarios. Ademais pódense atopar ovos, leite, derivados lácteos, licores ou mermeladas caseiras, embutido, pan ou doces…

7 de xuño de 2013 | 18:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.