O Lalín, campión da Copa Deputación nunha disputada final ante o Erizana de Baiona

O C.D. Lalín celebrando a victoria
O Club Deportivo Lalín fíxose o domingo coa Copa Deputación, tras unha igualada final na que se impuxo ó Erizana de Baiona. Os dous equipos que superaron as fases previas do torneo demostraron nesta final a calidade do seu xogo e, tras unha primeira parte que rematou con empate a un gol, ningún dos dous equipos conseguiu adiantarse no marcador.
Foi na quenda de penaltis na que se decidiu o campión da Copa deste 2013, onde o Erizana fallou 3 dos catro penaltis lanzados.
O presidente da Deputación, Rafael Louzán, foi o encargado de entregar a Copa ó capitán do Lalín, club que, ademais, recibe unha achega de 5.000 euros. No acto de entrega tamén participaron os alcaldes das dúas localidades de procedencia dos equipos, o lalinense Xosé Crespo e o baionés Jesús Vázquez Almuíña, e mais a deputada provincial Begoña Estévez.
O equipo baionés tivo tamén a súa merecida recompensa polo excelente papel desenvolvido ó longo de todo o torneo e sumou 4.000 euros por chegar á final, cantidade que se suma á recadada nos distintos partidos que gañou para chegar á final disputada en Pasarón.











