O Jofre de Ferrol presenta as obras de teatro infantil “La Cenicienta y Aladino y la lámpara maravillosa” e “Por fin”
O Teatro Jofre acolle esta fin de semana dúas obras de teatro infantil enmarcadas dentro da programación da Concellería de Cultura do Concello de Ferrol, que dirixe Manuel-Reyes García Hurtado. Os interesados poderán adquirir as entradas a través de internet, na páxina oficial do Concello de Ferrol: www.ferrol.es (apartado Axenda Cultural); ou no propio despacho do teatro municipal.
A Asociación Raiolada subirá ao escenario o venres 21 de xuño para representar a función La Cenicienta y Aladino y la lámpara maravillosa que dará comezo ás 19:30 horas. O grupo infantil, a través da súa festa de fin de curso, preséntanos dous espectáculos de danza, teatro e canto para gozar en familia. Ademais, o teatro municipal acollerá a presentación da obra teatral Por fin o sábado 22 ás 20:00 horas. A pallasa Hula e o pallaso Piojo volven á escola da Seño para contarnos a todos a fabulosa viaxe que, tras anuncialo en numerosas ocasións, por fin fixeron: dar a volta ao mundo. En avión, barco, tren ou camelo, as súas aventuras e desventuras sobresaltan os oídos dunha Seño orgullosa dos seus alumnos.











