O Jofre de Ferrol acollerá este sábado a adaptación teatral “O buscón”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioFerrolLocal
A-
A+

A compañía de Teatro Clásico de Sevilla presenta a súa obra “El Buscón” o sábado 8 no Teatro Jofre. A función, considerada unha das novelas fundamentais da picaresca española, dará comezo ás 20:30 horas e está enmarcada dentro da programación escénica da Concellería de Cultura do Concello de Ferrol, que dirixe Manuel-Reyes García Hurtado.

O espectáculo teatral de Francisco de Quevedo retrata as andanzas, gracias e, sobre todo, desgracias dun mozo chamado Pablos que intenta subir dende a súa mísera escala social e alcanzar o rango de cabaleiro. As entradas pódense adquirir a través de internet, na páxina web oficial do Concello de Ferrol: www.ferrol.es (apartado Axenda Cultural); ou no propio despacho do teatro municipal.

5 de xuño de 2013 | 18:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.