O III Mercado Medieval arrancou esta tarde cunha positiva resposta de público

Vista do III Mercado Medieval
A III edición do Mercado Medieval de Neda arrancou esta tarde cunha positiva resposta de público. Dende as cinco do serán, as rúas do casco histórico da real vila recu-peraron o ambiente festivo e lúdico da época a través de medio centenar de postos de artesanía e gastronómicos e, sobre todo, grazas ao sinfín de espectáculos a pé de rúa. Exhibicións de caza aé-rea con falcóns, teatro, baile, maxia… Actividades que se repetirán tamén na xornada de sábado e domingo en horario de mañá (de 11 a 14,30 horas) e de tarde (de 17 a 22,30 horas). Nesta liña, o alcalde da localidade, Ignacio Cabezón Lorenzo, invitou á cidadanía a achegarse estes días á real vila e participar do mercado.
Así mesmo, a concelleira de Promoción Turística, Montse Rico, apuntou que na xornada do sába-do o Concello porá en circulación maravedíes co ánimo de que todas as transaccións económicas se realicen con esta moeda. Sen dúbida, un novo aliciente para esta cita festiva que a Administra-ción local toma da recoñecida Festa da Istoria de Ribadavia. Para isto e para garantir a liquidez dos futuros clientes, a casa do concello acollerá na súa pranta baixa a Alhóndiga, o banco local de troco.
Por último, e pensando nos máis pequenos da casa, o Mercado Medieval de Neda conta tamén cun Rincón Infantil. No mesmo, monitores especializados guían os xogos de nenos e nenas a parti-res de tres anos. Ademáis, poderán disfrutar tamén dos paseos nunha carruaxe tirada por ponis ou montarse en atraccións como a barca vikinga ou o carrusel.
De seguido, programa do Mercado para a xornada de mañá sábado:
11.00 H. O MERCADO COBRA VIDA
11.30 H. OS MUSICOS PERCORREN A FEIRA ( OLTHA GABAR)
12.00 H. BAILE SAFI (EMAD SALIM)
12.30 H. MAXIA MEDIEVAL (TROUPE DE MALABO)
13.00 H. OS ALEGRES TARADOS DO RITMO (OLTAHA GABAR)
13.30 H CHEGADOS DE TERRAS LONXANAS (CONFUSION)
14.00 H. CONCERTO DE RÚA (OLTAHA GABAR)
14.30 H BAILE SAFI (EMAD SALIM)
17.00 H O MERCADO COBRA VIDA
17.30 H. OS ALEGRES TARADOS DO RITMO (OLTAHA GABAR)
18.00 H BAILE SAFI (EMAD SALIM)
18.30 H. BAILE SAFI (EMAD SALIM)
19.00 H. CONTA CONTOS ( TROUPE DE MALABO)
19.30 H. A CAPTURA DOL DRAGÓN (CONFUSION)
20.00 H. MAXIA MEDIEVAL (TROUPE DE MALABO)
20.30 H. BAILE SAFI (EMAD SALIM)
21.00 H CONCERTO DE RÚA (OLTAHA GABAR)
21.30 H. OS COMEPEDRAS (CONFUSION)
22.00 H OS ALEGRES TARADOS DO RITMO (OLTAHA GABAR)
22.30 H. H A DAMA DO LUME (TROUPE DE MALABO)











