O IES Maruxa Mallo, de Ordes, celebra o seu fin de curso coa entrega da I edición dos premios que levan o seu nome
Os alumnos e alumnas do IES Maruxa Mallo do Concello de Ordes celebraron esta mañá a finalización do curso escolar cun concurridísimo acto marcado pola música en vivo, a interpretación e os premios. Unha vez máis o auditorio da Casa da Cultura acolleu a centenares de rapaces e rapazas que encheron as gradas do seu auditorio.
Polo seu escenario pasaron dende ben temprano grupos e músicos de sobras coñecidos por todos eles, xa ben fose por ser parte do seu alumnado ou por ser veciños do municipio. As En-Cantadoras, gañadoras do certame Operación Ordes celebrado recentemente entre todos os centros educativos da comarca, e Vicky Polard, foron os artistas que fixeron bailar, cantar e despertaron emocións entre todos eles. Para unha ocasión tan especial tamén se contou coa participación dun dos dramaturgos máis importantes do panorama galego, Cándido Pazó, quen ofreceu un monólogo que fixo reir ata aos máis serios do instituto.
Tras esta posta en escena chegou un dos momentos máis emotivos, cando cada un dos alumnos de 4º da ESO foron chamados ao escenario para recibir o seu diploma que atestigua a finalización dos seus estudos de ESO. Do escenario tamén baixaron cunha imaxen na que aparecían todos eles acompañados dos seus profesores.
Por último levouse a cabo a entrega do I Premio Maruxa Mallo, en recoñecemento aos valores representados pola pintora surrealista que da nome ao centro. Par elo tíveronse en conta de maneira moi destacada a súa creatividade e independencia, así coma o seu compromiso social e a igualdade de xénero. Os galardonados nesta sesión inaugural foron o profesor e historiador da arte Francisco Prado Vilar, oriundo de Ordes e unha das figuras máis destacadas na súa materia a nivel mundial. Tamén se recoñeu a labor como debuxante de Lidia Villaverde Cao, alumna do mesmo instituto, e a do profesor de Educación Fisica Anxo Fernández Otero.











