O goberno municipal manterá reunións semanais con Policía Local e Garda Civil para reforzar a coordinación en seguridade cidadá

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCulleredoLocal
A-
A+
O rexedor na reunión con Policía Local e Garda Civil

O rexedor na reunión con Policía Local e Garda Civil

O alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, e o primeiro tenente de alcalde e responsable da área de Seguridade Ciudadana, José Ramón Rioboo, mantiveron unha reunión na mañá de hoxe co tenente do posto da Garda Civil de Culleredo, Antonio Táboas, acompañados polo alférez, e o xefe da Policía Local de Culleredo.

A reunión serviu como toma de contacto do novo edil de Seguridade Ciudadana e para reforzar a colaboración entre ambas as dúas institucións. O goberno de Culleredo quere manter esta relación fluída para os efectos de garantir a seguridade dos seus cidadáns e potenciar o traballo coordinado entre todas as forzas de seguridade do municipio.

A reunión serviu para facer un repaso dos temas máis importantes en materia de seguridade no municipio e comprobar que o índice de delincuencia non se incrementou en xeneral no municipio, a pesar da actuación ocasional de bandas organizadas. Púidose comprobar tamén o alto índice de esclarecementos dos delitos.

O goberno de Culleredo, considera fundamental, tanto para a prevención, como para o esclarecemento dos delitos a colaboración veciñal e a colaboración e coordinación dos Corpos e Forzas de Seguridade. Para iso celebraranse reunións semanais entre os responsables da Garda Civil e da Policía Local que servirán para reforzar dita colaboración.

O Concello, a Garda Civil e Policía Local mostraron a súa satisfacción polos éxitos alcanzados nas últimas semanas na persecución e prevención dos delitos.

Actuación onte ante persoa desaparecida

O goberno de Culleredo tamén aproveito a ocasión para felicitar as forzas de seguridade do municipio e arredores polo importante dispositivo que durante o día de onte se preparou con motivo da desaparición dunha veciña do seu domicilio. Felizmente, concluíu coa aparición desta persoa grazas á excelente colaboración das Policías Locais e Garda Civil de Culleredo e concello limítrofes.

6 de xuño de 2013 | 19:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.