O goberno municipal de Ferrol presenta aos grupos políticos o informe sobre a seguridade no salón de plenos do Concello

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolLocalLocal Portada
A-
A+

O Goberno Municipal de Ferrol presentou hoxe aos voceiros dos grupos políticos o informe técnico sobre a seguridade e o normal desenvolvemento das sesións plenarias, encargado tras os incidentes  acontecidos nos últimos Plenos por parte do público asistente que motivaron a suspensión dos mesmos. O Executivo local puxo en común este informe cos voceiros de PSOE, EU, BNG e IF, que ten un carácter previo á espera de coñecer o plan de prevención e protección que se está a desenvolver, coa intención de que estes presenten as súas propostas e suxestión a prol dun maior consenso coas medidas a adoptar.

A espera de coñecer as achegas dos grupos da oposición, o Goberno Municipal porá en práctica unha serie de medidas preliminares que se comezarán a aplicar no pleno ordinario de pasadomañá, xoves 27 de xuño. A voceira do executivo local, Martina Aneiros Barros, acompañada dos concelleiros de Seguridade e de Urbanismo, Pablo Cal Martínez e Guillermo Evia Pérez, explicou que estas propostas se xustifican no informe de seguridade que limita a un máximo de 84 persoas o público que poderá asistir ao pleno (a razón de 6 persoas en cada un dos 14 bancos existentes no Salón de Plenos). Deste xeito, está garantido que quedan libres as vías de evacuación: pasillos, escadas, etc. Así mesmo, e atendendo aos criterios fixados pola Policía Municipal, os asistentes serán previamente identficados e non poderán acceder ao Salón de Plenos con elementos que poidan poñer en perigo a integridade dos presentes na sala. Ademais, a entrada á entrada do público será pola porta lateral, que comunica co Rexistro Xeral.

25 de xuño de 2013 | 19:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.