O goberno municipal de Ferrol cede 6 baleiros en Recimil e na estrada de Catabois a outras tantas entidades da cidade
O Goberno Municipal de Ferrol cederá seis locais de propiedade municipal situados no barrio de Recimil e na estrada de Catabois a outras tantas entidades da cidade para que poidan emprazar neles as súas sedes e oficinas de atención, así como programas actividades. Así o anunciou hoxe o concelleiro delegado da Área de Economía, Alejandro Langtry Caínzos, tras informar desta proposta aos grupos municipais en comisión informativa. A medida será ratificada no pleno ordinario de fin de mes, que terá lugar pasadomañá xoves, día 27 de xuño.
Así as cousas, as asociacións que se beneficiarán da cesión destes inmobles son, no barrio de Recimil: Dios y Pan, Lazos Pro-Solidariedade, Asociación Galega de Afectados pola Esclerose Lateral Amiotrófica (Agaela), Asociación Galega de Autocaravanas e a entidade veciñal do Pilar. Estas asociacións sen ánimo de lucro e que desenvolven unha actividade de interese para a cidadanía, ocuparán baixos hoxe en día sen uso situados nas rúas Ortigueira e Álvarez de Soutomaior. Así mesmo, o Executivo local que preside Jose Manuel Rey Varela cederá a Érguete un inmobre situado na estrada de Catabois.
Noutro orden de cousas, a comisión informativa celebrada esta mañá tamén ditaminou sobre os criterios de aboamento de distintos complementos de produtividade ao persoal municipal. O edil Langtry Caínzos sinalou que estes criterios se corresponden cos aprobados na Mesa de Negociación e que atenden, principalmente, a cuestións como: O tempo traballado (puntualidade e permanencia no posto de traballo); e a criterios como o número de expedientes tramitados, a dificultade dos mesmos, as resolucións feitas, etc…











