O Goberno local da Coruña celebra mañá o seu I Encontro Viaxeiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal
A-
A+

A Concellaría de Educación, Deportes e Xuventude, a través do Centro Municipal de Información Xuvenil (CMIX), organiza mañá, xoves 27 de xuño, o I Encontro Viaxeiro no Fórum Metropolitano, dentro do programa de actividades de Móvete’13.

Este encontro viaxeiro diríxese sobre todo ás persoas que están a planificar unha pequena ou grande escapada, que queiran saber máis sobre o InterRail ou, simplemente, que desexen pasar unha tarde entretida. A actividade, con entrada será libre ata completar o aforamento, terá lugar no Fórum Metropolitano mañá a partir das 17.00 horas. No encontro participarán:

– Jorge Sierra, viaxeiro que deu unha volta ao mundo nun 2CV. www.jorgesierra.es

– Sandra Candal, viaxeira e creador do blog http://viajedemivida.es

– Moisés Fernández, viaxeiro de InterRail.

Neste encontro poderase gozar de relatos de experiencias viaxeiras, descubriranse novos destinos que paga a pena visitar e daranse a coñecer trucos e informacións prácticas que facilitarán a organización de viaxes á medida de cada interese e de cada presuposto.

O departamento municipal que dirixe Francisco Mourelo tamén destaca que o CMIX abriu o prazo de inscrición para o Taller de Fotografía de Viaxes. As persoas interesadas en participar nesta actividade -gratuíta e destinada a mozos de entre 14 e 30 anos- poden apuntarse ata o 9 de xullo. Este taller realizarase os días 11 e 12 de xullo no Fórum Metropolitano.

As persoas que necesiten máis información poden achegarse ata o Centro Municipal de Información Xuvenil (Fórum Metropolitano, na rúa Río Monelos, número 1), ou chamar ao teléfono 981 18 42 94, en horario de luns a venres de 10.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 20.00 horas. Tamén poden encontrar toda a información na web www.coruna.es/nex.

26 de xuño de 2013 | 17:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.