O goberno de Ordes inicia a comprobación de primeira man do estado dos roteiros no Día Mundial do Medio Ambiente

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalOrdes
A-
A+

O Concelleiro de Medio Ambiente do Concello de Ordes, Luis Gómez Candal, realizou na xornada de onte un percorrido a pé polo roteiro do río Mercurín en compaña doutros membros da corporación, entre os que se atopaban tanto o alcalde como a tenente alcalde, Manuel Regos e Silvia Marín. Coincidindo co Día Mundial do Medio Ambiente todos eles quixeron comprobar de primeira man o estado e a sinalización deste espazo “que xa se ten convertido nunha das áreas de lecer máis importantes para os veciños e veciñas de Ordes. Ademais trátase dun claro exemplo de recuperación e rexeneración dun espazo natural que revaloriza tanto a vila como a política mediambiental emprendida por este Concello, que nos ten levado a acadar unha Bandeira Verde pola boa xestión dos residuos e no consumo de auga”, tal e como manifestou o alcalde.

 Trátase da primeira visita que os membros do equipo do goberno local teñen previstas polos distintos roteiros que transcorren polo termo municipal O obxetivo destas camiñatas é o de comprobar de primeira man aquelas deficiencias en aspectos como as sinalizacións ou trazados que poidan ser melloradas ou correxidas. “Queremos que agora que chega a época de verán e o bo tempo teñamos en perfectas condicións estas áreas e traxectos para que poidan ser desfrutados e contemplados tanto polos nosos veciños como polos visitantes”, precisa Regos.

6 de xuño de 2013 | 19:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.