O éxito na demanda de postos leva ao Concello a incrementar o espazo no que se desenvolverá o mercadillo veciñal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAresLocal
A-
A+

A Concellaría de Cultura, que dirixe o edil socialista Eugenio Fernández, decidiu ampliar o espazo que ocupará o rastrillo veciñal que se celebrará o vindeiro 14 de xullo (domingo). Como informou o edil, o éxito de reserva de postos da que será terceira edición desta iniciativa foi tal que o Concello de Ares acordou incrementar a zona destinada á colocación de postos, engandindo ao lugar inicial, o paseo marítimo –avenida Saavedra Meneses- o entorno no que desenvolve o mercadillo semanal (zona do mercado).

Para facer a reserva dos postos, que terán un custe de cinco euros –o recadado, como xa se informou nunha ocasión anterior, será entregado a ONG locais-, haberá que chamar ao número 686 932 335.

Finalmente, dende a área de Cultura faise un chamamento a artistas de rúa e músicos que o desexen para sumarse a este evento e ambientalo.

6 de xuño de 2013 | 18:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.