O equipo cadete das escolas deportivas municipais de Frades proclámase campión do X Torneo Intermunicipal de Fútbol Sala Base

O equipo de Frades tras proclamarse campión
O equipo cadete das Escolas Deportivas Municipais do Concello de Frades proclamouse campión do X Torneo Intermunicipal de Fútbol Sala Base, disputado esta fin de semana no concello de O Pino. Os rapaces, de entre 15 e 16 anos de idade, derrotaron nas seminifinais ao conxunto de Touro por un contundente 6-0 e venceron na final á EDA Arzúa por un axustado 4-3, logo dun disputadísimo encontro.
Deste xeito, as EDM de Fútbol Sala de Frades pechan unha campaña irrepetible na categoría cadete, logo de proclamarse hai tres meses campións da Liga Comarcal de fútbol sala, competición que organiza a Xunta de Galicia a través do Programa Xogade. Ademais, o conxunto de Frades remata invicto as dúas competicións, Liga regular e torneo intercomarcal, sendo o equipo máis goleador (32 tantos) e un dos menos goleados (6 en toda a tempada e 3 na final do torneo).











