O equipo Avenida venceu no IV tetramaratón de San Sadurniño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesLocalSan Sadurniño
A-
A+

O tetramaratón iniciouse ás 9,30 h da mañá e durante a xornada os equipos disputaron un todos contra todos en catro disciplinas -volei, fútbol sala, hóquei e baloncesto- con regras e tempos adaptados a este tipo de competición.

Trala suma de puntos foron dous equipos da casa, o Avenida e o Sansa F.S., quen pasaron á final xogada a baloncesto cun resultado favorable para os primeiros. O gañador recibiu un cheque de 50 euros por xogador para mercar material deportivo, mentres que os subcampións levan cadanseu talón por valor de 25 euros, tamén canxeable por material en Deportes Sanesteban.

O IV Tetramaratón de San Sadurniño estivo organizado polo Concello coa colaboración do clube Aldebatán de volei e o clube de fútbol local.

A programación deportiva da fin de semana complétase este domingo a partir das 11 da mañá, hora á que arrancará do colexio público a VIII Roda cicloturista en familia. Un evento non competitivo e de dificultade baixa aberto a maiores de 7 anos que percorrerá 14 quilómetros do territorio municipal. A roda está organizada tamén polo Concello coa colaboración do clube ciclista Biela e Chaveta.

1 de xuño de 2013 | 12:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.