O edil de turismo ofrece aos restauradores e hostaleiros lalinenses publicidade gratuíta dos seus establecementos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLalínLocal
A-
A+

“Consideramos -sinala- que esta iniciativa é positiva, ao figurar nas devanditas webs a listaxe de todos os establecementos aproveitando a influencia que ten Santiago como destino turístico, polo que os convidamos a que participen neste programa de promoción turística”, remarca

O concelleiro de Turismo, José Antonio Rodríguez Fernández, anuncia que “nestes días imos enviarlle aos restaudores lalinenses unha carta informándolles da recente integración do Concello de Lalín en <Área de Santiago>, proxecto de promoción turística conxunta que na actualidade conformamos 19 concellos e que ten por obxectivo potenciar conxuntamente o sector turístico nesta zona na que viven 270 mil persoas”.

Rodríguez Fernández informa “aos propietarios de restaurantes e establecementos hoteleiros que nas páxinas web www.santiagoturismo.com e www.areasantiago.es se van publicitar os establecementos de todos os municipios da <Área de Santiago> de xeito totalmente gratuíto”.

“Consideramos -sinala- que esta iniciativa é positiva, o figurar nas devanditas webs a listaxe de todos os establecementos aproveitando a influencia que ten Santiago como destino turístico, polo que os convidamos a que participen nesta iniciativa de promoción turística”, remarca.

“Para iso só terán que cubrir unha ficha que lle enviaremos para incorporar os datos do seu establecemento ás páxinas web anteriormente citadas”, indica. “Para calquera dúbida ou suxestión poderán poñerse en contacto coa Oficina Municipal de Turismo ou chamar ao 666 430 458”, subliña.

10 de xuño de 2013 | 18:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.