O edil Anxo Rei presenta o concurso Tapasteo 2013 xunto coa asociación de hostelería
O edil de Emprego, Anxo Rei, presentará mañá en rolda de prensa o Concurso TapasTeo 2013 que se fará neste Concello este mes de xuño por primeira vez. O concelleiro estará acompañado na presentación do presidente da Asociación Hostelería Compostela, Jesús Sordo, xa que nesta asociación están integrados moitos establecementos teenses, e varios representantes da hostalaría teense, dos que participan no concurso.
A convocatoria de prensa terá lugar no salón de plenos da Casa do Concello mañá ás 10:00 horas e durante a mesma explicaranse as bases do concurso, o calendario de funcionamento así como os establecementos que se adheriron a esta iniciativa ademais dos premios ós que poden optar as persoas que decidan probar as tapas.











