publicidade hoxe

O DOG publica o cambio de titutlaridade dun treito da estrada provincial Catoira – Estación a prol do concello

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCatoiraLocal
A-
A+

A Xunta de Galicia publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) o decreto de cambio de titularidade dun treito da estrada provincial EP-8704 (Catoira – Estación) a prol do concello de Catoira.

A solicitude do cambio inclúe un tramo de 675 metros, que adquiriu características plenamente urbanas e que se encontra completamente urbanizado con beirarrúas e paso de peóns, polo que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e infraestruturas considera axeitado este cambio de titularidade a prol do Concello.

A entrega do mesmo formalizarase, no prazo de dous meses tras a súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG), e o Concello de Catoira converterase no responsable de todas as actividades de xestión, mantemento, conservación e explotación do vial; así como do exercicio das funcións de disciplina viaria e calquera outra.

Os cambios de titularidade das estradas están reguladas no artigo 5 da Lei 4/1994 do 14 de setembro de 1994, de estradas de Galicia. De acordo con este artigo os cambios dos nomes das vías deben ser aprobados por un decreto de Xunta de Galicia, por proposta da consellería competente en materia de estradas. A Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) é a encargada de avaliar o cambio de titularidade.

Ademáis, o artigo 4 da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia, alega que as entidades locais dentro das súas competencias aprobarán a relación de estradas da súa titularidade.

Cumprindo o exposto, o treito da EP-8704 deberá incorporarse ao plan de estradas do Concello de Catoira.

26 de xuño de 2013 | 16:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.