O “desván de Lalín” leva recibidas un total de 856 doazóns e atendidas máis de 600 solicitudes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLalínLocalLocal Portada
A-
A+

O Desván do Concello de Lalín permanecerá aberto este ano tamén no mes de agosto, os xoves pola mañá en horario de 10.00 a 13.00 horas. Nos case dous anos e medio que leva funcionando esta iniciativa da Concellería de Benestar e Emigración que ten por obxectivo cubrir as necesidades básicas de vestido e calzado das persoas necesitadas leva recibidas un total de 856 doazóns. Deste ano 2013, o mes de xaneiro foi o que rexistrou un maior número de doazóns.

En canto ao número de solicitudes recibíronse 609 desde a apertura do servizo en febreiro de 2010. No que vai de 2013 abril foi o mes no que maior número de familias acudiron ao Desván para recoller roupa, calzado e outros enseres domésticos. Entre os artículos que máis se precisa é o mobiliario en xeral.

As entregas de mobiliario ou enseres de maior volume realízanse de forma puntual grazas á colaboración do persoal da Concellería de Obras e Servizos -fundamentalmente mobiliario e electrodomésticos de gran volume- que neste ano 2013 só se realizaron un par de ocasións.

As prendas máis doadas son roupa de muller en xeral e os útiles máis solicitados, sillas de paseo de bebés, roupa de nenos e nenas con idades comprendidas entre os 2 e os 16 anos e calzado de home así como mobiliario.

Este servizo municipal é posible grazas á colaboración dun grupo de mulleres voluntarias que clasifican e seleccionan os artículos.

18 de xuño de 2013 | 17:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.