O deporte Carballiñés na elite galega
O Concello do Carballiño, a través da súa área de Deportes, vén de felicitar os carballiñeses Branca González e Chema Ferreiro, polos éxitos logrados este pasado fin de semana en ximnasia rítmica e atletismo respectivamente.
Branca González conseguiu o subcampionato galego de promoción de ximnasia rítmica, tras un apaixonada man a man coa primeira clasificada nesta modalidade. Un novo triunfo desta jovencísima deportista carballiñesa que milita no club Marusia.
Pola súa banda Chema Ferreiro alzouse ao máis alto de podio nos campionatos galegos de atletismo, na categoría de veteranos, celebrados en Santa Uxía de Riveira. Ferreiro foi primeiro nas probas de 100 e 200 metros lisos.
O concello do Carballiño felicita a estes dous deportistas.











