O CSC de Conxo e Pan de Raposo organizan unha ruta micolóxica polo Tambre

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► Local ► Santiago de Compostela ▼
A-
A+

O Centro Sociocultural de Conxo acolle unha nova xornada dedicada ás setas o sábado 15 de xuño. Está organizada pola Asociación Micolóxica Pan de Raposo e a Concellería de Centros Socioculturais.

A partir das 9:30 horas, os participantes partirán en coche dende o CSC de Conxo para logo realizar unha ruta micolóxica polo Tambre. O percorrido, de dificultade baixa, durará en torno ás tres horas. As prazas son limitadas, polo que hai que realizar unha inscrición previa.

Xa pola tarde, ás 17:00 horas, conferencia de José María Costa Lago, da Asociación Pan de Raposo, titulada Dyscomycetes: operculados e inoperculados.

14 de xuño de 2013 | 13:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.