O Consello Reitor da Fundación aproba por unanimidade o novo regulamento de uso das instalacións deportivas
O Consello Reitor da Fundación Municipal de Deportes aprobou na súa reunión de onte o novo Regulamento de Réxime Interno e de Uso das Instalacións Deportivas Municipais. O acordo adoptouse por unanimidade dos membros do órgano reitor. O novo texto non entrará en vigor ata o día despois a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.
O novo Regulamento substituirá o documento anterior, elaborado xa hai moitos anos, e que quedara obsoleto tanto polos cambios e implementación das instalacións deportivas do Concello, como tamén polos cambios introducidos pola última Lei do Deporte. Así, o novo regulamento adáptase á normativa en vigor e recolle os cambios que se foron producindo na infraestrutura deportiva municipal e no seu funcionamento. A efectos prácticos, a meirande destes cambios non se notarán na práctica posto que xa se estaban aplicando mediante os sucesivos acordos adoptados no seu día polo Consello de Xerencia da Fundación. Agora todos eses cambios quedan reflectidos no texto actualizado.
O Regulamento de Réxime Interno e de Uso das Instalacións Deportivas Municipais recolle aspectos como as características das instalacións, as limitacións funcionais dos espazos deportivos, o procedemento de reclamación por parte dos usuarios, o réxime do aproveitamento publicitario, os horarios, o material e equipamentos deportivos, os dereitos e deberes dos usuarios, as normas de uso das instalacións e do material e equipamentos deportivos, os procedementos de solicitude de uso por par parte dos clubs e para a realización de competicións, así como o réxime de infraccións e sancións.











