O Concerto Didáctico clausura un ano máis o curso escolar en Mos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalMos
A-
A+

Onte comenzou, e rematará mañá, o Concerto Didáctico que cada ano, con motivo do fin do curso escolar, organiza a concellería de Educación mosense que dirixe a edil Kely Monzón, e imparte a Escola Municipal de Música de Mos. Sobre esta iniciativa a concelleira responsable da mesma declarou hoxe que “dende a concellería de Educación e Participación Cidadá do Concello de Mos queremos seguir contribuíndo e fomentando os recursos que hai no noso entorno. A difusión da cultura e as artes entre os escolares é uns dos propósitos fundamentais desta área, e tendo en conta a importancia da música no desenvolvemento humano, queremos contribuír no desenvolvemento integral dos nosos escolares brindándolles a oportunidade de poder vivila en directo”.

Os obxectivos do Concerto Didáctico son achegar o mundo da música aos alumnos/as do Concello de Mos, proporcionarlles unha actividade didáctica de carácter musical, promover o coñecemento dos diferentes instrumentos musicais, espertar a curiosidade e interese por esta arte e dar a coñecer á Escola Municipal de Música e os seus músicos.

En total beneficiaranse desta iniciativa 532 alumnos: 168 do CEIP de Petelos, 320 do CEIP Pena de Francia, 241 do CEIP Mestre Martínez Alonso de Castro-Mos, 180 do CEIP Mestre Valverde Maio de Sanguiñeda e 151 do CEIP Atín-Cela. A actividade ofrecéuselles a todos os centros educativos de Educación Primaria e Secundaria de Mos, pero soamente os mencionados decidiron acollerse a esta iniciativa.

A actividade consiste nun concerto didáctico a cargo da Escola Municipal de Música (Torroso), cunha duración dunha hora aproximadamente cada sesión. Trátase dun evento interactivo onde os máis pequenos aprenden a distinguir as familias de instrumentos empregando os seus sentidos (vista, oído e tacto). Trátase en definitiva, dun encontro diferente coa música, cos músicos e cos instrumentos.          

O concerto desenvólvese dentro do horario lectivo durante os días 17, 18 e 19 de xuño, e as distintas sesións, realízanse no propio centro de ensino (salón de actos), agás no caso do CEIP Petelos, cuia sesión se celebrou esta mañá nas instalacións do Multiusos das Pozas.

18 de xuño de 2013 | 16:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.