O Concello traballa na reapertura das piscinas descubertas de Río Covo de cara ao verán

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCervoLocal
A-
A+
Traballos de limpeza nas piscinas

Traballos de limpeza nas piscinas

A Concellería de Deportes, que dirixe Luis Guillén, leva varias semanas traballando na posta en marcha das piscinas descubertas de Río Covo de cara á temporada estival. Para iso foi necesario baleirar os vasos, limpalos e reparar aqueles elementos que se atopaban en mal estado como foi o caso dalgunha baldosa do borde da piscina e de azulexos do fondo, que foron substituídos por outros novos. Unhas tarefas de acondicionamento que xa foron realizadas.

Así, nestes momentos o Concello xa se atopa na fase de enchido das piscinas e de tratamento da auga para a súa posterior posta en servizo, previa á cal Sanidade fará as correspondentes inspeccións. A intención do Concello é poder abrir as piscinas a principios do mes de xullo.

Ao mesmo tempo, tamén se realizaron traballos de mellora noutras instalacións do complexo deportivo de Río Covo, como é o caso das canchas de tenis, onde se efectuaron tarefas de limpeza e está previsto cambiar as redes que dividen as pistas.

Uns traballos que van dirixidos a “preparar unhas instalacións moi completas, que durante a temporada de verán acollen a numerosos usuarios e que ademais amplían e fan máis atractiva a oferta deportiva do municipio” remata Guillén.

10 de xuño de 2013 | 15:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.