O Concello reparte 77.500 programas das festas de San Juan

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal
A-
A+

O Concello da Coruña, a través da área de Cultura que dirixe Ana Fernández, informa de que se iniciou a repartición dos programas de San Juan. En total, imprimíronse 77.500 programas en formato periódico, en inglés, castelán e galego; e 2.000 carteis.

En concreto, a repartición desenvolverase da seguinte forma:
– Asociacións de Hostalaría e Comercio: 1.800 carteis e 36.000 xornais.
– Centros educativos: 5.000 xornais.
– Bibliotecas e Centros Cívicos: 5.000 xornais e 100 carteis.
– Ágora e Fórum: 15.000 xornais e 100 carteis.
– Oficina de turismo: 2.000 xornais.
– Casa Paredes: 2.500 xornais.
– Repartición en rúa: 12.000 xornais.

Ademais, o programa estará dispoñible na páxina web municipal (www.coruna.es) e nas de cultura (www.coruna.es/cultura) e turismo (www.turismocoruna.com).

1 de xuño de 2013 | 12:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.