O Concello renova o convenio coa Fundación Centro Oncológico de Galicia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal
A-
A+

O Concello da Coruña informa da aprobación, por parte da Xunta de Goberno, dun convenio coa Fundación Centro Oncológico de Galicia José Antonio Quiroga e Piñeyro para o mantemento do Rexistro Poboacional de Tumores da área da Coruña e para realizar a prevención e asistencia oncológica aos empregados municipais e ás persoas que formen parte da súa unidade familiar, por un importe total de 471.682,15 euros.

O convenio, cunha vixencia de dous anos, supón a renovación do anterior e inclúe algunhas melloras, entre as que se encontran revisións dermatolóxico e otorrinolaringológico e actividades de promoción da saúde e outras accións preventivas que se suman ás revisións de próstata, colon, xinecolóxico e de mama que incluía o anterior.

Ademais, dentro da política levada a cabo por este Goberno local pola que se eliminaron os seguros médicos privados aos membros da Corporación municipal, por primeira vez estes quedarán excluídos do convenio coa Fundación Centro Oncológico de Galicia.

16 de xuño de 2013 | 18:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.