O Concello realiza a desratización de tres zonas do municipio
A semana pasada procedeuse a realizar tratamentos de desratización nunha zona verde da Urbanización Miñor e dúas instalacións do municipio.
En concreto, unha das actuacións levouse a cabo nunha zona verde da Urbanización Miñor tras ser detectada, por parte dos veciños, a presenza de roedores. Tras o aviso, dende a Concellaría de Medio e Servizos procedeuse a desratizar a devandita zona tanto superficialmente coma subterraneamente incluíndo esta as canalizacións, rexistros, e arquetas entre outros lugares.
Por outra parte, e cumprindo coas medidas sanitarias esixidas, tamén se puxo en marcha un programa preventivo de desratización no
almacén de alimentos sito en Morgadáns, ao igual que na Praza de Abastos do municipio.
Tal e como informa Juan Carlos González, concelleiro de Medio Ambiente e Servizos, “estes tratamentos son por un ano con revisións periódicas cada dous meses”.
Os traballos foron realizados por unha empresa autorizada para expedir os correspondentes certificados.











