O Concello procede á ampliación do ámbito da Veracruz ata a rúa Conde Vallellano con fondos propios

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalO Carballiño
A-
A+

O Concello do Carballiño quere ampliar a obra do ámbito da Veracruz, que está xa practicamente finalizada, ata a rúa Conde Vallellano, ofrecendo desta forma unha maior influencia do templo sobre o centro da vila carballiñesa. Esta é unha das intencións do actual grupo de goberno, magnificar a xoia arquitectónica non só da vila e a bisbarra, senón da provincia ourensana.

Por este motivo comezaron esta semana as obras de empedrada do final da rúa Canteiros, tramo que non estaba incluído no proxecto do ámbito, e que será financiado ao 100 por 100 polo propio concello, entendendo dende o goberno local que “todo o investimento nesta zona será beneficioso para o futuro da nosa vila”.

A actuación dá continuidade a todo o tramo, dende a praza de San Ramón ata a rúa Conde Vallellano, realizándose neste último tramo unha empedrada e unha actuación idéntica á anterior.Se procederá á empedrada da zona de rodadura, 272 metros cadrados, e ao rasado das beirarrúas e a creación da canalización para a recollida de pluviais, tal e como xa existe no resto do ámbito.

O presuposto desta actuación ascende a uns 24.000 euros procedentes das arcas municipais e, para darlle unha mellor continuidade ao traballo realizado anteriormente, será a mesma empresa que está a executar o ámbito a que leve a cabo este traballo. Para o Concello do Carballiño é importante ampliar e dar unha imaxe homoxénea de todo o perímetro da Veracruz, ofrecendo tanto o veciño coma o visitante, un lugar agradable para ser visitada.

Ata agora todo o ámbito da Veracruz non ofrecía unha imaxe harmónica, que a definise do resto da vila. Dende a execución do novo proxecto do ámbito, e as ampliacións que está a realizar en concello por conta propia, esta imaxe creceu de forma que se pode definir como un espazo único na provincia, rodeando á obra culmen do arquitecto Antonio Palacios en Galicia.

5 de xuño de 2013 | 17:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.