O Concello presenta a revista municipal ‘LCG’ para achegar a xestión destes dous anos aos coruñeses
O Executivo local, con motivo dos dous anos de goberno, presenta a revista municipal ‘LCG’, que nace coa vontade de servizo público e de achegar a información municipal a todos os cidadáns converténdose así nun instrumento máis de participación cidadá.
A nova publicación consta 90 páxinas, e distribuirase entre os veciños de forma gratuíta a través dos diferentes edificios municipais. Serán 1.000 os exemplares que se repartirán.
O seu nome, ‘LCG’, é unha homenaxe ao código do noso aeroporto, que acaba de cumprir medio século de actividade. Cun deseño atractivo a publicación recolle información puramente institucional. O Concello pretende que esta publicación permita trasladar aos coruñeses o traballo e proxectos desenvolvidos nestes dous anos de mandato e sobre algúns dos temas que se desenvolveran no futuro, ademais de ofrecer información de servizo aos lectores. Entre eles, destaca o programa de actividades de San Juan, a vocación polos servizos sociais, a aposta pola rehabilitación e accesibilidade e o esforzo realizado por atraer turistas e reactivar a actividade económica.











