O Concello presenta a programación para as festas estivais de Pontevedra
A concelleira de Festas, Carme da Silva, presentou esta mañá a programación de festas de verán de Pontevedra, que se celebrarán entre xullo e setembro e acollerán máis de 200 actividades gratuitas para tódalas idades e gustos.
Na configuración do programa foi buscada, ademáis dunha heterodoxia cultural, a “creación do ambiente festivo nas rúas” que revitaliza a
nosa cidade nos meses más calurosos do ano. Máis de 140 agrupacións musicais e teatrais amenizarán os días estivais coas súas interpretacións e concertos, das que 120 son de orixe galega. Segundo declaracións da concelleira Carme da Silva, as festas son un
perfecto escenario para grupos do país que representan a nosa cultura e producen obras e temas musicais de grande repercusión.
Xullo e Agosto
Música de bandas galegas
• Banda de Música de Salcedo
• Banda de Música de Sanxenxo
• Coral Polifónica de Salcedo
• Coral Liceo de Noia
• Banda de Música de Pontevedra
• Banda Xuvenil de Salcedo
• Banda Xuvenil da Artística de Merza
• Concerto da Banda de Música de Salcedo Performance Pablo Méndez
• Banda Cultural Salceda de Caselas
Xoves, 11 de xullo, Romaría de San Bieito de Lérez
12h: Mexilloada popular na praia fluvial do Lérez
• Gaiteiros das Rías Baixas
• Aturuxo pequeño
Venres, 12 e sábado 13 de xullo, Praza da Ferrería
XIV Memorial Ricardo Portela. Homenaxe ao gaiteiro Xan de Campañó. Mantéñense as novidades do pasado ano: eliminación do concurso de música.
Do mércores 17 ao luns 22 de xullo, Praza do Teucro e Praza da Ferrería
• XXI Festival Internacional de Jazz & Blues de Pontevedra. Presenta importantes novidades en relación á dar cabida nos concertos grandes
da Ferraría a músicos galegos, dada a súa traxectoria e colaboración cos grandes músicos internacionais.
Do mércores 24 ao venres 26 de xullo, Festas de Santiaguiño do Burgo
Do mércores 24 de xullo ao domingo 28 de xullo Cinema na Lúa: Proxección de películas para tódolos públicos
Do luns 29 de xullo ao venres 2 de agosto, na Praza da Verdura e do Teucro
15 Bolos: Concertos de grupos locais organizados coa colaboración da Concellería de Xuventude e o Local de Ensaio, que están na selección dos grupos.
Do martes 6 ao xoves 8 de agosto
• IV Festival Internacional de Animación de Rúa “Itineranta’13”: Realizado polas prazas e rúas do centro histórico, será protagonizado por grupos de animación galegos, vascos, cataláns, valenciáns…
Do sábado 10 ao domingo 18 de agosto
Festas da Peregrina
• Programación infantil
Do martes 30 de xullo ao venres 2 de agosto, Animatrón 2013
Martes 13 de agosto, Batalla de flores
Martes 13 de agosto, Brincabolechas
Do 12 ao 18 de agosto, Praza do Teucro (escenario xa consolidado como centro neurálxico da programación infantil durante as festas)
– Barafunda Animación Preséntame un Paiaso
– Quintelo Pentafonía + Seis Dedos Hansel e Gretel
• Praza da Ferrería do 12 ao 18 de agosto
Luns 12 ás 21h: Concerto man a man da Banda de Música de Pontevedra e a banda de Música de Salcedo
Martes 13 ás 22:30h: Concerto da banda de Música de Pontevedra Noite de Boleros
Mércores 14 ás 21h: Festival de Corais
Xoves 15 ás 21h: Festival de Corais
Venres 16 ás 21h: Vocal Tempo
Sábado 17 ás 21h: Quempallou + Trébede
Domingo 18 ás 21h: Demostración de baile de salón
• Praza de España do 10 de agosto ao 18
Sábado 10 de agosto
22.30h Actuación de Mago de Oz
Domingo 11 de agosto
22.30h Concerto La Guardia e La Frontera
Luns 12 de agosto
22.30h Concerto Festa 40 Principales “World Dance Music Hot Mix”
Martes 13 agosto
Festival infantil: Brincabolechas
Mércores 14 de agosto
22.30h Concerto Son de Seu + Fiadeiro
Xoves 15 de agosto – Santa María
22.30h Concerto de Berrogüeto
Venres 16 de agosto
22.30h Concerto de Malú
Sábado 17 de agosto
22.30h Concerto de Auryn
Domingo 18 de agosto
22.30h Concerto de Paloma San Basilio
Venres 23 de agosto, Praza do Teucro
XIII Festa do Demo: Foliada do Demo con: Abóbriga e Os Chichisos.
Venres 30 e sábado 31 de agosto, Festival Brinca na Praza (Teucro)
Festival de rock galego coas actuacións de Zënzar, Foxy Freire e Güimtervan
Venres 6 e sábado 7 de setembro, XIV Feira Franca adicada aos inventos
Outras actividades:
• Do 14 de xuño ao 1 de setembro Exposición “Do Final e do Comezo 2013”
• Do 15 de xullo ao 20 de agosto XV Curso Internacional de Cerámica Contemporánea
• Do 18 de xullo ao 20 de agosto Feira de artesanía e deseño “Chalana”
• Do 10 ao 18 de agosto XXIII Feira do Mel
Unha premisa fundamental da Concellaría de Festas é a gratuidade de tódalas actividades programadas para garantir que os cidadáns, sexa cal sexa a súa situación económica, podan acceder a unha oferta lúdica e cultural ampla e de calidade. Esta decisión impide ao Concello acceder a algunhas subvencións públicas como ás da Agadic, que ogrigan a ter billeteira para os espectáculos.











