O Concello pón á disposición de Acuanorte os terreos municipais necesarios para a construción da nova estación depuradora

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalOurense
A-
A+

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou na súa xuntanza desta mañá poñer a disposición da Sociedade Estatal Aguas de la Cuenca Norte, S.A, os terreos de titulariedade municipal necesarios para as obras da actuación “Mellora do saneamento de Ourense. Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR)”. Son, concretamente, dúas parcelas rústicas, cunha superficie total de 12.894,77 metros cadrados: unha de 12.856,63 e outra de 38,14.

Os terreos póñense a disposición da Sociedade Estatal “Aguas de las Cuencas del Norte, SA” en desenvolvemento do convenio asinado, o día 25 de xaneiro de 2012, pola Sociedad Estatal “Aguas de la Cuenca del Norte, SA”, a Xunta de Galicia e o Concello de Ourense para a execución e explotación das obras da actuación “mellora do saneamento de Ourense. EDAR de Ourense”

As obras suporán un investimento total de 49 millóns de euros, cofinanciados por tres administracións; 36.750.000 por parte da Administración Central, a través de Acuanorte, 10.109.000 por parte da Xunta de Galicia e 2.141.000 por parte do Concello de Ourense.

O obxectivo da actuación de mellora do saneamento: EDAR de Ourense é a construción e explotación das infraestruturas necesarias para completar e modernizar o sistema de depuración da cidade, mediante:

– A construción dunha nova depuradora, con capacidade de tratamento suficiente para satisfacer as necesidades de 350.000 habitantes equivalentes, o que supón o triple de capacidade da instalación actual. Poderá tratar completamente un caudal de 4.238 m3/h de augas residuais.

– Prolongación do actual colector ata o bombeo de auga bruta da nova EDAR

– Demolición da actual depuradora  

– Recuperación ambiental e paisaxística da marxe esquerda do río Miño, onde se ubica a planta, unha vez demolida a depuradora actual.

José Ángel Valente

Na mesma sesión, a Xunta de Goberno Local acordou nomear a sala da planta baixa do edificio da antiga sede do Banco de España como sala José Ángel Valente.

O goberno municipal aproba este acordo “tendo en conta a figura de José Ángel Valente como poeta ourensán, e indiscutible figura da literatura española da segunda metade do século XX. Por elo acorda dar o nome de Valente ao novo espazo municipal que esta mesma mañá abriuse ao público.

20 de xuño de 2013 | 15:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.