O Concello organiza unha xornada de Portas Abertas na Casa da Cultura

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambreLocal
A-
A+

O departamento de Cultura do Concello de Cambre organiza unhas Xornadas de portas abertas da Casa da Cultura de Cambre co obxectivo de que os veciños coñezan de primeira man a obra qllevada a remato neste edificio protexido do Concello e qe converteuse na neva Casa da Cultura de Cambre. Ademais, os que se despracen ata a casa poderán gozar dunha exposición gráfica sobre o proceso de restauración que sufriu a casa no último ano.

Con motivo da finalización das obras de rehabilitación da Casa da Cultura – Vina Concepción e á súa próxima inauguración, o Concello de Cambre invita a todos os veciños a unhas xornadas que terán lugar a partir do día 10 de xuño ata o próximo 21 deste mesmo mes, en horario de 10:00 a 14:00 horas.

Os visitantes poderán observar a recuperación levada a cabo neste edificio, patrimonio histórico do concello, que contou co cofinanciamento da Deputación Provincial da Coruña e que está incluída no proxecto “ARUME”, promovido polo Concello de Cambre e cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional da Unión Europea (FEDER).

O concelleiro de Cultura e Turismo, Santiago Ríos Rama, asegura que se trata de que os veciños coñezan de primeira man a casa antes da súa inauguración oficial que terá lugar no mes de xullo cunha exposición de pintura do fondo pictórico que posúe o Concello dos trinta anos de Certame de Pintura. “Queremos que os veciños coñezan a súa casa da Cultura, porque é súa e porque deben saber que pronto poderán gozar dela en todo o seu esplendor. Foi difícil pero ao final Cambre ten unha Casa da Cultura como moi poucos da bisbarra, nun edificio histórico que albergará diversas salas de lectura, videoteca, hemeroteca, sala de exposicións, sala infantil e ata unha cafetaría”, apuntou Ríos.

3 de xuño de 2013 | 13:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.