O Concello organiza un programa de actividades de verán para escolares de Infantil e Primaria
A Concellería de Benestar Social do Concello de Ourense organiza un programa de actividades de verán para nenos, que se desenvolverán na rede de centros cívicos municipais: Colón-Casco Vello, A Cuña, A Ponte, As Termas e Seixalbo, durante os meses de xullo e agosto.
Cada día, de luns a venres, de 10:30 a 13:00 horas, escolares que estudiaran Educación Infantil e Primaria no curso pasado poderán participar en obradoiros de manualidades, xogos e outras actividades de lecer para o seu tempo libre nas vacacións de verán.
A inscrición pódese realizar por quincenas: 4 en total: do 1 ao 15 de xullo, do 16 ao 31 de xullo, do 1 ao 16 de agosto e do 19 ao 30 de agosto.
As actividades, organizadas pola Concellería de Benestar Social, son gratuítas e para ter a posibilidade de acceder a elas só hai que cubrir una solicitude que se pode recoller nos propios centros cívicos (A Cuña, sito en Doutor Peña Rey, 18, A Ponte en Eulogio Gómez Franqueira nº 43, As Termas Praza 200, 1, rúa Colón, 18 e Seixalbo, na rúa Estreita, 1), así como na Oficina de Atención ao Cidadán do do Concello de Ourense, na Praza de San Martiño.
As solicitudes poderanse entregar dende mañá, luns, 10 de xuño, ata o luns, 17 de xuño, no centro cívico no que se desexe facer a actividade.
En caso de haber unha gran demanda, e para que todos os solicitantes podan acceder a algunha das quincenas, establecerase un número máximo de quincenas por neno.











