O concello mellora os accesos ás pistas de tenis de Mosteiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalTomiño
A-
A+

O Concello de Tomiño leva a cabo nestes días o arranxo das pistas de tenis e padel de Mosteiro. Trátase dunhas instalacións municipais que foron arranxadas hai uns anos e que na actualidade requiren melloras nos seus accesos, para maior comodidade dos numerosos usuarios e usuarias que utilizan as pistas ao longo do ano.

As obras consistirán concretamente, na mellora e saneamento dos accesos ás pistas, en estado de precariedade. O custe, incluído nos orzamentos de este ano, ascende a uns 30.000 euros de fondos propios.

Segundo explicou a concelleira de Deportes, Cristina Martínez, o goberno local leva a cabo esta obra “tendo en conta a gran demanda por parte de usuarios e usuarias que, de xeito habitual utilizan, de xeito totalmente gratuíto, estas instalacións”. Ademais, os integrantes da Escola Municipal de Tenis, poderán estrear as pistas no mes de xullo, cando se organiza o xa tradicional torneo.

Outro colectivo que tamén se verá beneficiado é o alumnado do CEP Padre Caselles Beltrán, situado xusto a carón das pistas deportivas.

4 de xuño de 2013 | 16:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.