O Concello investirá 120.000 euros no programa Calor y Café de Padre Rubinos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal
A-
A+

O Concello da Coruña, a través da Concellaría de Servizos Sociais, aprobou a firma dun convenio de colaboración con Padre Rubinos por valor de 120.000 euros, reservados no presuposto municipal de 2013, para desenvolver o programa Calor e Café.

Este servizo ofrece pernoctacións, descansos e almorzos ás persoas que dispoñen de menos recursos. O Goberno local autorizou o investimento neste proxecto a raíz da presentación da información necesaria, cunha memoria sobre a actividade Calor e Café durante este ano.

A Concellaría de Servizos Sociais mantén unha excelente colaboración con Padre Rubinos, que tamén se encarga do programa municipal de acollemento temporal de persoas sen fogar, onde o Concello investiu 250.000 euros en 2013, o que supón un incremento do 26% con respecto a 2011, cando se dedicaron 198.000 euros. O investimento total do Goberno local ascenderá a 2,5 millóns de euros, pois o contrato é a 10 anos.

Este servizo de acollemento temporal diríxese a persoas maiores de 18 anos que non poden acceder ou conservar unha vivenda digna, permanente, axeitada á situación persoal e que proporcione un marco estable de convivencia, ben por razóns económicas, ben por barreiras sociais, ou ben porque teñen dificultades para levar a cabo unha vida autónoma. Padre Rubinos tamén atende a aquelas persoas que propoñan o Servizo Municipal de Urxencias Sociais (SEMUS), o Servizo Municipal de Servizos Sociais e a Policía Local.

O albergue de Padre Rubinos dispón de 70 camas diarias, 150 prazas de comedor, 15 duchas e espazos para estanza diúrna para 32 persoas e un despacho destinado á asistencia social, psicolóxica e xurídica; ademais de contar con outros servizos, como roupeiro, consigna, actividades de grupos de inserción e talleres de informática, busca de emprego e autoaxuda.

9 de xuño de 2013 | 14:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.