O Concello informa de cambios provisionais na circulación por obras na cidade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal
A-
A+

A Concellaría de Tráfico, Mobilidade e Uso e Utilización do Dominio Público informa dos cambios que, de xeito provisional, se producirán na circulación.

· Con motivo das obras de canalización na estrada dentro do campus da Zapateira e na fachada da Facultade de Arquitectura, será necesario o corte do vial de enlace entre os campus de Elviña e A Zapateira, entre o final da Facultade de Económicas ata o cruzamento anterior á Facultade de Arquitectura e o corte de tráfico do vial no que se encontra situado o edificio da Escola Técnica Superior de Arquitectura. O inicio das obras será o luns, 1 de xullo, cunha duración estimada dun mes. A alternativa de acceso de vehículos será polas rúas Castro de Elviña, O Souto e Pena do Cuco. Respecto ao transporte público de viaxeiros veranse afectadas as liñas 24 e Especial Universidade, quedando, a partir do 1 de xullo e mentres duren as obras, o seu itinerario modificado:

– A liña 24, a partir da estrada de Elviña e a parada de Elviña-Pueblo, desviarase cara ao campus de Elviña polo vial que bordea o edificio Xoana Capdeville cara á glorieta situada na estrada de acceso ao campus, saíndo logo do campus cara a Alfonso Molina e incorporándose a continuación á estrada da Zapateira, onde realizará unha parada fronte ao colexio das Jesuitinas. Continuará pola estrada de acceso ao campus de Zapateira, con parada fronte ao SAPE (Casa do Francés). Dará a volta na Facultade de Filoloxía, regresando polo mesmo itinerario. Circulará a continuación cara ao cambio de sentido situado baixo o viaduto da autoestrada, recuperando en Alfonso Molina o seu itinerario habitual.

– A liña Especial Universidade circularán ata a glorieta de Socioloxía, onde realizará parada de ida e volta, regresando a Alfonso Molina polo mesmo vial. Subirán a continuación pola estrada da Zapateira onde realizarán unha parada fronte ao colexio das Jesuitinas. Continuarán pola estrada de acceso ao campus da Zapateira, con parada fronte ao SAPE (Casa do Francés), dando volta na Facultade de Filoloxía. Regresarán polo mesmo vial e farán parada fronte á Casa del Francés, e pola estrada da Zapateira. Circularán cara ao cambio de sentido situado baixo o viaduto da autoestrada, recuperando en Alfonso Molina o seu itinerario habitual.

· A partir do próximo martes, 2 de xullo, realizaranse traballos de fresado e reposición de pavimentos na rúa Alcalde Suárez Ferrín, dende a intersección coa rúa Manuel Azaña ata o cruzamento con Emilio González López, accedendo dende a rúa Simón Bolívar. A previsión é que a obra remate o venres, 5 de xullo, aínda que recuperándose dende o día 2 o único sentido de circulación habitual da rúa.

· Con motivo do inicio do retranqueo de servizos afectados da obra de construción do aparcadoiro público subterráneo na praza das Conchiñas, dende o luns, 1 de xullo, e cunha duración de 3 semanas, produciranse afeccións no tráfico da avenida Das conchiñas, entre a rúa Entrepeñas e rúa Meira (números 20 e 26 As Conchiñas). Manterase en todo momento un carril de circulación.

· Debido ao inicio dos traballos de acometida de gas na rúa Orquídeas, á altura do número 14, a partir do próximo martes, será necesario a ocupación da zona de estacionamento, manténdose un carril aberto ao tráfico. As obras durarán 4 días

· Os traballos de acometida de gas nas rúas Joaquín Galiacho e Corrales implicarán a ocupación da zona de estacionamento na primeira vía e o corte de tráfico na segunda. Na rúa Joaquín Galiacho manterase un carril de circulación. As obras iniciaranse o luns, 1 de xullo, cunha finalización prevista para o día 22.

· O inicio dos traballos de acometida de gas na Avenida del Ejército supoñerá a ocupación da zona de estacionamento á altura do número 70, ocupando parcialmente o carril de circulación sen cortalo. As obras iniciaranse o 1 de xullo cunha finalización prevista para o venres, 5de xullo.

· Con motivo das obras de pavimentación na rúa Fonseca é necesaria a ocupación das zonas de aparcadoiro e do carril esquerdo (números pares) durante todo o mes de xullo. En todo momento se deixará o outro carril de circulación libre.

· A continuación dos traballos de canalización da rede de alta tensión na rúa Enrique Mariñas, ata o próximo venres, 5 de xullo, implica a ocupación do carril de entrada a Matogrande e desviarse polo aparcadoiro interior, fronte ao hotel AC. En todo momento se mantén un carril para cada sentido de circulación.

· A continuación das obras de canalización da rede de Unión Fenosa na avenida de Arteixo, á altura da rotonda de Eduardo Diz, leva consigo o corte do ramal de acceso a esta rotonda dirección saída da cidade e do acceso á rúa Madame Curie. O tráfico será desviado en sentido glorieta pola avenida de Arteixo ata realizar o cambio de sentido na rotonda situada á altura de Marineda. Manterase o acceso de suba ao viaduto. As obras iniciaranse o próximo luns, 1 de xullo, e terán unha duración estimada ata o día 19.

29 de xuño de 2013 | 13:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.