O concello do Carballiño estrea conta de twitter
O concello do Carballiño estreou esta mesma semana a súa nova conta de twitter, buscando a través dos novos medios de comunicación unha mellor forma de achegarse ao cidadán e ao mesmo tempo difundir todas as actividades e accións que realiza este concello.
O nome desta nova conta de twitter é ccarballino, e dende o seu inicio xa ten enviado varias mensaxes, para anunciar a apertura aos veciños da nova praza da Veracruz, ou felicitar dous deportistas carballiñeses que veñen de obter grandes resultados en campionatos galegos de ximnasia rítmica e atletismo.
Con esta nova conta o concello quere achegarse máis ás novas tecnoloxías, e aproveitar ao máximo o que elas ofrecen a nivel comunicación. Durante estes días a páxina web do concello terá un enlace directo con este twitter, para facilitar aínda máis el acceso a todos os usuarios.











