O Concello de Salvaterra entregará os Premios de Educación 2012/2013 o vindeiro luns

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalSalvaterra de Miño
A-
A+

Participan nesta convocatoria o alumnado do Instituto de Educación Secundaria  do C.E.I.P. Infante Felipe, doC.E.I.P. de Leirado e do C.E.P. Carlos Casares, que cumpran os requisitos imprescindibles que se sinalan para cada unha das distintas etapas educativas e que se establcen nas bases dos premios.

Establécense os seguintes premios que se distribuirán entre as distintas etapas educativas do xeito que a continuación se sinala,

10 premios consistentes en 10 lotes compostos de tablet primux sonora 9.7 16GB, altavoces roun zound e funda para tablet.  A distribución dos mesmos será a seguinte:

–  Tres deles están dirixidos ao alumnado do Instituto de Educación Secundaria de Salvaterra de Miño e distribuiranse do seguinte xeito:                      

1 para o alumnado de 2º do Ciclo Formativo de Grao Medio de Caldeirería e Soldadura
2 para o alumnado de 4º de ESO.

–  Os outros sete están dirixidos ao alumnado de 6º de Primaria do Concello de Salvaterra de Miño e distribuiranse do seguinte xeito:

3 lotes informáticos para o C.E.I.P Infante Felipe.
2 lotes informáticos para o C.E.I.P de Leirado.
2 lotes informáticos para o C.E.P Carlos Casares de Alxén.

3 bolsas de estudos para o alumnado de 2º de Bacharelato que consistirán nunha viaxe a Londres (Inglaterra) ao obxecto de perfeccionar a lingua inglesa. A viaxe terá unha duración de tres semanas e levarase a cabo nos meses de xullo e/ou agosto do ano en curso. A bolsa inclúe os seguintes servizos:

– Viaxe de ida e volta en vós directos acompañada en toda a viaxe dende o aeroporto por un titor/a quen se asegurará de que cheguen a cada unha das familias seleccionadas.

– Aloxamento en familia en pensión completa.

– Curso de inglés de 3 semanas.

– Actividades, Programa social…

– Tarxeta de trasporte.

– Seguro “Europe Asisstance”.

– Traslados.

28 de xuño de 2013 | 13:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.