publicidade hoxe

O Concello de Salceda de Caselas organiza as Primeiras Xornadas de Aproveitamento dos Resíduos, co nome “Os nosos Resíduos”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalSalceda de Caselas
A-
A+

A concellaría de Medioambiente do Concello de Salceda vai a contar coas Primeiras Xornadas de Aproveitamento de Resíduos, onde por un lado se informará aos asistentes de cómo deben de separar os seus resíduos na casa e a o procedemento de reciclaxe que seguen os residuos nas relativas plantas de reciclaxe, como xa se viu facendo en novembro do ano 2012, polas parroquias Se vai a incorporar unha charla de cómo debemos compostar, onde se explicará o procedemento de compostaxe que debe de seguir cada persoa na súa casa. Grazas á adhesión do Concello de Salceda de Caselas no “Programa de Compostaxe na Casa” SOGAMA cedeu 30 composteiros que serán sorteados entre os participantes da charla, sempre e cando habiten nunha vivenda que teña un espazo para poder realizar o ciclo de compostaxe, e estén empadronados en Salceda de Caselas. As persoas que consigan o composteiro, realizaráselles un seguimento no proceso de compostaxe coa
finalidade de poder satisfacer todas aquelas dúbidas ou problemas que poidan ter no uso do mesmo.

Para as Xornadas contaremos coa presencia do representante de Abonos Lourido que nos vai a informar acerca da obtención de abono natural a través do aproveitamento do toxo. Esta empresa situada en Rebordechán, procesan o toxo de maneira natural para a obtención de abonos.
O sábado a partir das 10:00 da mañá temos a cita na EDAR de Tui, onde procederemos a visitar a depuradora biolóxica de fangos a onde chegan os nosos resíduos a través do sistema de saneamento.

Na visita poderemos coñecer o procesado que se realiza nas instalacións ubicadas na planta en Guillarei.

IMPRESCINDIBLE APUNTARSE ANTES DO 18 DE XUÑO, os que se apunten a posteriori non entrarán no sorteo, só se non se acadasen 30 persoas antes do 18. Sí poderán asistir as charlas.

Cándido Lorenzo asegura que “é moi importante evitar xerar unha cantidade moi elevada de resíduos así como coñecer o procedemento que se sigue con cada un deles. A compostaxe é unha alternativa para evitar almacenar grandes cantidades de lixo que perxudican o noso entorno, cada un de nos debe de tomar conciencia e responsabilizarse do lixo que produce para depositalo onde corresponde e reutilizalo ou reciclalo na medida do posible.

12 de xuño de 2013 | 17:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.