publicidade hoxe

O Concello de Salceda de Caselas aproba os presupostos do ano 2013 cuns ingresos de 4.760.899€ e uns gastos de 4.292.528 €

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalSalceda de Caselas
A-
A+
Sesión plenaria

Sesión plenaria

Os orzamentos para o ano 2013 aprobáronse inicialmente no Pleno Ordinario que tivo lugar o venres 28 de Xullo, despois de pactar coas Plataformas de Afectados polas Preferentes a exposición de 6 dos 14 puntos que se ían a tratar.

O concelleiro de Facenda José Luis González fixo unha exahustiva explicación dos orzamentos os que condicionou ao plan de axuste que elaborou o concello. Baixo criterios de estabilidade orzamentaria presentou uns orzamentos adaptados a realidade económica do momento actual de crise, aumentando a partida de gasto social nun 10%, así como as partidas de fomento de emprego con incrementos en formación para o emprego que quintuplican a cifra do ano anterior e que pasa de 4.500€ a 25.000€.

Tamén se ve aumentada en máis de 34.000€ a partida destinada a arranxo de camiños e viais públicos e por outra banda redúcense gastos en atencións protocolarias en máis dun 40%.

En canto á débeda se van a liquidar este ano dous préstamos dos anos 1994 e 1998, que xunto cos dous que se liquidaron o ano pasaso fará que ao final deste ano a débeda pendente coas entidades financieiras sexa dun millón e medio de euros, que representa un 32% dos ingresos totais do Concello, uns niveis maís que aceptables que posicionan ó concello moi por debaixo da media de endebedamento das distintas  administracións públicas.

A inversión total que asumirá o Concello con Fondos Propios, independentemente do que a través de colaboración con outras administracións se poida executar, increméntase nun 22% con respecto ó ano pasado e ascende a 345.460€, que será repartida para a o primeiro pago dos terreos expropiados no ano 2005 para a construcción do Parque Raíña Aragonta en 100.000€, melloras no parque Raíña Aragonta 31.605€, Senda fluvial e parque etnográfico do Río Landres 73.000€, Aula de Hostalaría do CDL do Torrón 43.000€, Acondicionamento do espazo de Fonte das Carballas 33.495€, Reforma no pabillón de deportes para construcción dun ximnasio e mobiliario nas instalacións deportivas 7.048€, renovación equipos técnicos do Concello 9890€, Arquivo Municipal de Imaxe 8.100€, realización da Rede de Abastecemento en parroquias 20.378€, reparación obras Auditorio Municipal 7.902€, entre outras.

No tocante ás Subvencións que se vai a repartir entre as distintas asociacións do Concello, vanse a manter os mesmo importes do ano 2012. No eido deportivo asignaranse 50.051€ para os distintos colectivos como C.F.Caselas, C Baloncesto Caselas, C Balonmán Caselas, C. Ciclista Aragonta e as Escolas Deportivas.

No eido cultural a partida destinada ascende a 35.040€ que vai a repartir entre os distintos Centros Culturais parroquiais, Asociacións veciñais, para o Entroido, as dúas corais do Municipio e a Asociación de Amigos da Música.

Ademáis destinarase 3.000€ para a Asociación de Xubilados, 2.400€ para o IES Pedras Rubias, e 1.200 € para o CEP Altamira.

O total de subvencións nominativas ascende a 92.051 €, ademáis se destinará 60.500€ a outras trasferencias e subvencións como 20.000€ a axuda de Emerxencia, 6.000€ ao programa Xantar na Casa, 1.000€ á teleasistencia domiciliaria, 1.000€ a transporte metropolitano, entre outras.

Se garante a continuidade da totalidade da plantilla do concello e os gastos adicados a persoal representan un 32,96 % dos gastos totais do concello, conxelando un ano maís as retribucións do persoal según o estipulado na Lei de orzamentos xerais do estado.

O resumo de gastos según os distintos programas desglosase da seguinte maneira: Para servizos públicos básicos (seguridade, mobilidade cidadá, vivenda, urbnismo, benestar e Medio Ambiente) destinarase 1.507.812€, para actuacións de protección e promoción social (Servizos sociais e Fomento de Emprego 618,781€, para bens públicos (sanidade, ensino, cultura e deportes 708,062€ e para actuacións de caracter económico 120.834€ e para actuacións de caracter xeral (Servizos Xerais a Administración Financieira e Tributos 1.107.037€.

Marcos Besada, alcalde de Salceda, asegura que “son uns orzamentos realistas nos que só se vai a gastar o que se poida pagar, tratando de reconducir as contas municipais para polas ao día, mantendo os mesmos postos de traballo e garantindo e optimizando os servizos públicos que presta o Concello”.

28 de xuño de 2013 | 23:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.