O Concello de Ribadumia prepara “Xoves Animado” para os mais cativos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalRibadumia
A-
A+

O concello de Ribadumia ten preparada unha programación de verán e atractiva para o ocio infantil “Xoves Animado” que contará con numerosas actividades para nenos, xogos populares, inchábeis, maxia, contacontos, discomovil ou paiasos. Celebrarase todolos xoves dende o 4 de xullo ata o 12 de setembro, excepto os festivos xoves 25 de xulio e o 15 de agosto, a partir das 20.30 horas na Praza do Concello. O obxectivo, segundo destaca a alcaldesa Salomé Peña, é “ofrecer unha programación lúdica para tódolos nenos, para que disfruten do seu tempo de ocio cos seus amigos unha vez rematadas as clases”.

Durante a tarde do xoves, a Praza do Concello converterase nun espazo de ocio, lúdico e social dos mais pequenos e as súas familias. Varios monitores ocuparanse das actividades que preparadas:

– O 4 de xullo comezará con xogos populares

– O 11 de xullo haberá inchabeis amenizados con música.

– O xovés 18 Maxía infantil cunha personaxe moi especial.

– O xovés 1 de agosto Discomovil para bailar a toda a familia   

– O 8 de agosto paiasos infantiles que faran rir a nenos e maiores.

– O 22 de agosto contacontos a través da Dirección Xeral de Política Linguística.

– O 29 de agosto inchabeis

– O 5 de setembro xogos populares e paracaídas.

– Remantando o 12 de setembro con paiasos malabarístas

Todas as actividades son gratuítas e esperase a participación activa de tódalas familias apoiando a labor dos monitores de cada unha das actividades.

29 de xuño de 2013 | 12:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.