O concello de Ribadumia entrega os diplomas dos cursos de informática

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalRibadumia
A-
A+

A Alcaldesa de Ribadumia, Salomé Peña Muñiz, fai entrega esta tarde as 20:00 horas na Casa da Cultura de Ribadumia, dos diplomas que acreditan a asistencia os cursos de informática destinados para nenos e adultos que se veñen realizando dende o mes de febreiro. Un total de 45 persoas participaron nestas accións formativas de alfabetización dixital, que permitiu achegar as novas tecnoloxías a todas as idades. Tras os cursos de iniciación que se organizaron anteriormente, nesta ocasión a proposta do concello foi ofrecer formación máis específica en diferentes programas e utilidades. Así, os nenos de 7 a 14 anos formáronse en  “Editor de textos e uso responsable das redes sociais”, mentres que os maiores desta idade e adultos recibiron clases de “Correo electrónico, redes sociais e busca de información en internet”. A alta demanda de persoas inscritas provocou que o Concello de Ribadumia ampliase o número de prazas neste segundo curso.

O curso “Editor de textos e uso responsable das redes sociais” introduciu os seus participantes na edición e elaboración de textos no ordenador, uns dos aspectos máis importantes e utilizados tanto en idade infantil como adulta. Asemade, destináronse unhas horas do curso a tratar sobre o uso responsable das redes sociais, cada vez mais utilizadas.

No que respecta ao curso “Correo electrónico, redes sociais e busca de información en internet”, tamén cunha duración de 25 horas. Ao igual que o anterior, impartiuse na Aula de Informática da Casa da Cultura de Ribadumia, que conta cunhas instalacións totalmente adaptadas, equipadas e cómodas para o desenvolvemento destas actividades.

Estes cursos de informática forman parte do proxecto da concellería de Cultura de achegar as novas tecnoloxías a toda a poboación de Ribadumia.  

25 de xuño de 2013 | 13:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.