O Concello de Ribadumia abre o prazo para a obtención do carnet da Piscina Municipal de Cabanelas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalRibadumia
A-
A+

O Concello de Ribadumia abre o período de solicitude do Carné da Piscina Municipal, un requisito imprescindible para o acceso. O bono está subvencionado para as persoas empadroadas no concello, que abonarán 1 euro para todo o verán. No caso das entradas diarias á piscina, as tarifas oscilan entre 1,5 euros para os nenos e 3 euros para os adultos. Estas tarifas serán efectivas a partir de principios de xullo. Durante a semá de xuño, o acceso é gratuíto para todos os usuarios.

A piscina municipal de Cabanelas abrirá a partir do 22 de xuño, si o tempo o permite, co obxectivo de ofrecer un lugar de ocio e de recreo ós veciños do concello durante a época estival e de congregar a numerosos usuarios. O horario durante todo o verán será de luns a domingo, de 15:00 a 21:00 horas.

A seguridade dos bañistas e a calidade no servizo e da auga son os obxectivos co que o Concello veu preparando esta campaña, que contará coa atención de dous socorristas con experiencia en salvamento acuático. A piscina de Cabanelas abrirase  con todo probabilidade o próximo fin de semana despois de que os operarios municipais acondicionen todo o recinto e logo de pasar satisfactoriamente a inspección de sanidade e o análise da calidade da auga.

Cada verán o entorno de Cabanelas convértese no lugar escollido polas familias para pasar o tempo libre, xa que combina as instalacións deportivas –dúas piscinas, cambiadores, xogos infantís e céspede- coa beleza paisaxística do río Umia, o merendeiro e o parque infantil.

14 de xuño de 2013 | 16:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.