O Concello de Pontevedra recibe 80 peticións de fogueiras de San Xoán

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalPontevedra
A-
A+

Rematado o prazo de presentación de solucitudes para fogueiras de San Xoán no concello de Pontevedra, o Rexistro municipal contabilizou unhas 80 fogueiras en distintos puntos do centro urbano e do rural.

Estas notificacións están sendo recollidas polo servizo de Bombeiros, encargado de coordinar a seguridade e prevención na noite de San Xoán.
Aínda que o prazo de presentación de solicitudes está pechado, resulta habitual que algúns colectivos presenten a notificación fóra de prazo,
polo que non se descarta que se poida chegar ao centenar de lumes en San Xoán.

19 de xuño de 2013 | 16:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.