O Concello de Pontevedra percorre os escenarios do leventamento franquista na cidade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalLocal PortadaPontevedra
A-
A+

A Concellaría de Patrimonio Histórico organiza mañá pola tarde, a partir das 20.00 horas, o Roteiro homenaxe ás mulleres represaliadas e resisentes, coincidindo co aniversario do Estatuto do 36. A saída será da Casa do Concello.

Trátase dunha actividade incluída no programa municipal Represaliadas e resistentes, que lembra ás mulleres que combateron pola liberdade e sufriron a represión da Ditadura franquista.

O percorrido amosará os escenarios do levantamento militar do 36 (Concello e Goberno Civil) e os principais lugares da represión franquista na cidade (prisións da Escola Normal e Pazo de Xustiza, esta última de mulleres; consellos de guerra sumarísimos no salón de actos da Deputación; sede da Garda Cívica en Barcelos…), e rematará na avenida de Buenos Aires, perto do lugar onde foron fusiladas polo fascismo as veciñas de Salcedo Consuelo Acuña Iglesias, de 60 anos, e Elvira Lodeiro González, de 28. Nesta zona ergueuse en 2008 un conxunto escultórico de Fernando Casás en homenaxe a todas as vítimas da represión franquista na cidade.

27 de xuño de 2013 | 18:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.