O Concello de Pontevedra inviste 150.000 euros en tres anos na recuperación de cruceiros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalPontevedra
A-
A+

A Concellaría de Patrimonio Histórico investirá nos vindeiros tres anos 150.000 euros na recuperación de 30 cruceiros do concello. Segundo explicou esta mañá o concelleiro delegado, Luís Bará o obxectivo deste denominado Plan de cruceiros é a conservación, restauración, protección, limpeza e divulgación de cruceiros de máis de cen anos e, algúns, declarados Ben de Interese Cultural.

Moitos destes cruceiros atópanse en estado de precariedade, deterioro debido a problemas como:

• Emprazamento: tráfico rodado, falta de protección, alteración da base por obras ou movemento de terras, falta de limpeza do contorno…

• Actuacións inadecuadas no contorno: construcións, cableado…

• Agresións por reparacións inadecuadas: uso de ferro, cemento…

• Desaparición de pezas ou partes do cruceiro

Esta situación obriga distintos tipos de actuacións:

• Inmediatas

– Restauración de cruceiros destruidos por accidentes: impacto de vehículos, temporais… Nalgúns casos estudarase a reubicación nas proximidades e a creación dun perímetro de protección para unha mellor protección do tráfico rodado.

– Protección e consolidación de cruceiros en mal estado ou que teñen risco de desplome

– Consolidación da base ou do terreo no que están asentados os cruceiros

– Limpeza do contorno dos cruceiros

– Actuacións en ámbitos de especial interese: Camiño Portugués, centro histórico

• Medio prazo

-Protección do contorno: cableados e outras intrusións visuais

– Sinalización informativa

– Divulgación e dinamización: publicacións e actividades

Segundo explicou esta mañá Luís Bará, as previsións da Concellaría para 2013 é investir 50.000 euros en distintas fases:

1. Labor de documentación, estudo, avaliación de actuacións: xaneiro a xuño

2. Localización e traslado a dependencias municipais de pezas de cruceiros deteriorados ou destrozado

3. Consulta á Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia sobre tipo de actuacións de protección

4. Restauración, conservación e limpeza: segundo semestre de 2013

Neste ano 2013, actuarase nos seguintes cruceiros:

• Campañó: Cruceiro de Casaldomendo.

• Santa María de Xeve: Cruceiro de Gatomorto de Arriba, e Cruceiro de Gatomorto de Abaixo.

• Alba: Cruceiro de Reiriz e dous cruceiros no camiño de Ponte Cabas á Ferreira (Lérez)

• Salcedo: Cruceiro de Covas

• Mourente: Cruceiro de San Amaro.

26 de xuño de 2013 | 17:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.